XIII PREMIOS ESTRATEGIA NAOS
O grupo de “Cardioescolas”, no que participa o noso colexio CPR Jorge Juan (Narón) xunto con outros tres do Concello de Narón, foi finalista dos XIII Premios Estrategia NAOS 2019 na categoría “Promoción de una alimentación saludable en el ámbito escolar”.
Noraboa a todos!
NOVAS INICIO CURSO SECUNDARIA
A Xunta anunciou hoxe o adiamento do inicio de curso en Secundaria para os días 23, 24 e 25 de setembro.
Podedes ler a noticia oficial AQUÍ
Información sobre o Plan de Adaptación COVID-19 no CPR Jorge Juan-Xuvia
Compartimos un pequeno adianto do noso Plan de Adaptación:
Publicada listaxe definitiva fondo solidario de libros secundaria curso 2020/2021
Están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto de secundaria.
Recórdaselles que tamén poden acceder a esta información na aplicación da xunta de fondo de libros.
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
SERVIZOS DE MADRUGADORES E COMEDOR
Ante a situación sanitaria na que nos atopamos, vémonos na obriga de limitar o número de prazas de usuarios do servizo de madrugadores e de comedor escolar. De momento, os servizos manteranse nos casos en que sexa necesaria unha conciliación familiar; incompatibilidades acreditadas documentalmente dos horarios laborais dos proxenitores co horario de entrada (madrugadores) ou de saída (comedor) do alumnado .
Necesitamos saber a necesidade das familias, pois o espazo que temos é limitado.
Para aqueles alumnos e alumnas que teñan unha beca de comedor do Concello, pero que non necesiten conciliación, teñen a opción de levar a comida para a casa sen quedar no comedor. (Ofrecerán un menú distinto e empaquetado; o prezo será unicamente o prezo do menú).
As prazas de usuarios vense moi reducidas ao ter que manter as distancias reglamentarias (1,5m) entre comensais, sentados en oblicuo e sempre que non estean encarados. Na medida do posible o alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas, de xeito que manteña a continuidade do grupo de pertenza. Asignaranse postos fixos durante todo o ano para o alumnado e garantirase a estanqueidade. O alumnado de Infantil e Primaria que conforme grupos estables de convivencia poden comer agrupados sen respetar a distancia, pero separando os grupos por 1,5 metros un do outro.
O horario do comedor é de 14.00h a 15.15h. Será requisito indispensable recoller aos nenos e nenas no horario establecido.
Co fin de poder organizar tales servizos, pregamos ás familias que entreguen a solicitude aportando a certificación de incompatibilidade de horarios, así como os usuarios solicitantes de beca, especificando a súa condición de becado.
Prema na seguinte ligazón para descargar a solicitude: SOLICITUDE
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS QUE A VOLTA ÁS AULAS SEXA SEGURA.
INICIO CURSO 2020/2021: RESOLUCIÓN DO 1 DE SETEMBRO DE 2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN
Punto único. Incorporación gradual do alumnado (resumo)
- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria; e educación especial.
- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
- O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
- O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria.
- O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria.
Podedes atopar a información máis ampliada no seguinte ligazón AQUÍ
En breve informarémoslles das horas de entrada e saída escalonadas para eses primeiros días de curso.
INFORMACIÓN FAMILIAS INICIO CURSO
Estimadas familias do CPR Jorge Juan Xuvia:
Cando faltan días para volver ás aulas queremos transmitirvos tranquilidade nestes momentos de incertidume.
Temos elaborado un Plan de Adaptación á Situación COVID 19, onde se recollen as adaptacións e cambios que trae esta situación que estamos a vivir. Seguindo sempre Instruccións da Consellería de Educación estamos a organizar as aulas, corredores e outras estancias do centro á situación actual, coas medidas hixiénico-sanitarias ditadas pola Administración para garantir a volta ás aulas o máis segura posible.
Aínda estamos pendentes de novas decisión da Administración e nuns días compartiremos con vós os aspectos máis salientables deste plan, pero adiantamos algunas medidas básicas:
- Todos os cursos serán grupos estables de convivencia e non se mesturarán alumnos e alumnas de distintos cursos.
- Uso obrigatorio de máscara para todo o alumnado (desde primaria), persoal docente e non docente (recomendable en educación infantil).
- Adaptacións dos horarios de entradas e saídas ao centro para evitar aglomeracións.
- Adaptación dos recreos, con determinación de espazos para os grupos estables.
- Dispensadores de xel hidroalcohólico en todas as entradas principais, aulas e espazos comúns, e papeleiras de pedal con tapa e panos desbotables.
- Reforzo da limpeza con tarefas de desinfección durante o período lectivo: aseos, pasamáns, corredores …
- Autoenquisa diaria de síntomas do COVID 19 (Anexo I)
- Nas aulas o alumnado terá asignada mesa e cadeira e espazo para o material, que NON poderá compartirse cos compañeiros e compañeiras. Distancia entre pupitres, rexistro de ventilación das aulas e cartelería e sinalización por todo o centro.
- As titorías realizaránse de maneira telemática ou por teléfono. En casos excepcionais en horario non lectivo nunha aula coas medidas de hixiene oportunas
- Haberá servizo de madrugadores e comedor (unha única quenda), con asignación de postos fixos. Estes servizos ofreceránse unicamente para conciliar polo que é necesario xustificar a necesidade de cada un deles. (Solicitar en Secretaría)
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS QUE A VOLTA ÁS AULAS SEXA SEGURA.
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES E/OU ENTREGA DE TRABALLOS EN SETEMBRO
O alumnado entrará polo portalón principal coa máscara posta e permanecerá con ela durante todo o tempo que permaneza no centro. Antes de entrar na aula asignada lavará as mans con xel hidroalcohólico.
O profesorado indicará ao alumnado a aula para facer o exame ou entregar o traballo proposto.
O alumnado que teña que esperar entre a realización de dous exames ou entrega de tarefas deberá abandonar o edificio.
Cada alumno e alumna traerá o seu propio material, NON está permitido o intercambio entre o alumnado.
Aconséllase puntualidade, para evitar aglomeracións.
RECORDATORIO DAS DATAS POR CURSOS E MATERIAS:
MARTES 1 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | E. FÍSICA | – | E. FÍSICA |
10.00 | – | FÍSICA E QUÍMICA | FÍSICA E QUÍMICA |
11.00 | MATEMÁTICAS | MATEMÁTICAS | MATEMÁTICAS |
PENDENTES CURSO ANTERIOR (ALUMNADO DE 2º ESO CON MATERIAS DE 1º E ALUMNADO DE 3º ESO CON MATERIAS PENDENTES DE 2º):
HORA | 1º ESO | 2º ESO |
12.00 | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA |
13.00 | – | CASTELÁ |
MÉRCORES 2 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA |
10.00 | INGLÉS | INGLÉS | INGLÉS |
11.00 | – | GALEGO | GALEGO |
12.00 | BIOLOXÍA |
PENDENTES CURSO ANTERIOR:
HORA | 1º ESO | 2º ESO |
12.00 | INGLÉS | INGLÉS |
13.00 | MATEMÁTICAS | FÍSICA E QUÍMICA |
XOVES 3 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | FRANCÉS | FRANCÉS | FRANCÉS |
10.00 | – | CASTELÁ | CASTELÁ |
11.00 | – | – | MÚSICA |
PENDENTES CURSO ANTERIOR (ALUMNADO DE 3º ESO CON MATERIAS DE 2º ESO):
HORA | 2º ESO |
12.00 | FRANCÉS |
13.00 | GALEGO |
- RECORDADE DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO DE PRÉSTAMO ANTES DO DÍA 4 DE SETEMBRO
PUBLICACIÓN DE NOTAS: VENRES 4 DE SETEMBRO (11.00H)