Home » Circulares e avisos (Page 2)

Category Archives: Circulares e avisos

Presentación

Presentación

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Comunicado do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón

Estimados/as nais/pais

Dende o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, queremos convidarvos a participar no 3º Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria que se celebrará os días 19 e 20 de maio no Pazo da Cultura de Narón.

A Educación Viaria é unha parte da formación integral da persoa e non debemos confundila só coa adquisición de contidos relacionados unicamente coa identificación e recoñecemento de sinais (ensinarlles a conducir a nenos/os pequenos/as) priorizando sempre o afianzamento de valores, desenvolver hábitos cotiáns de mobilidade activa, autónoma, saudable, inclusiva e accesible, fomentando a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención de accidentes de tráfico. Débese entender, por tanto, como unha parte da formación integral do individuo, capacitándolle para adquirir comportamentos e actitudes adecuadas como usuarios das vías públicas xa sexa como peóns, pasaxeiros ou condutores.

Informarvos que a Educación Viaria na lei LOMLOE establece un enfoque novo con maiores contidos, que se empezase a impartir obrigatoriamente no curso 2022/2023 en todos os centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato onde os contidos estarán a cargo das comunidades autónomas e colexios, serán estas mesmas as encargadas de concretar, ampliar e dar forma aos contidos desta nova materia que impulsen e desenvolvan a materia dentro dos seus plans de estudos.

Polo que o Congreso é unha oportunidade para informarvos e despexar dúbidas sobre a nova materia que se impartirá o próximo curso.

Tedes dúas opcións para poder asistir ao congreso de modo presencial apuntándose na web do congreso ou virtual a través dunha plataforma de streaming, a ligazón estará dispoñible na páxina web do Congreso.

Achegámosvos a ligazón con toda a información do congreso e tamén onde vos podedes inscribir.

https://congresonaron.gal/

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Estimadas familias,
A Consellería de Sanidade publicou as Directrices en canto ao uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022_0.pdf

Resumo uso da máscara:


OBRIGATORIO

* Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)


RECOMENDADO
* Persoal traballador do centro educativo.
* Alumnado do centro educativo.
* Centros de Educación Especial con servizo de residencia (Persoas traballadoras e visitas cando estean en zonas compartidas)
* Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.
Dada a voluntariedade da recomendación, estaría ben  que os titores e titoras do alumnado fosen informad@s das decisións adoptadas polas familias do uso ou non da máscara no recinto escolar por parte dos seus fillos e fillas.


Moitas grazas

Comunicado conjunto de de 1 de abril de las Consellerías de Sanidad y Educación sobre la nueva estrategia y control del Covid en la etapa de transición en Galicia dentro del ámbito educativo.

ADMISIÓN CURSO 2022/2023

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023

O vindeiro martes día 1 de marzo comeza o período de admisión para o novo alumnado. O prazo prolongarase ata o 21 de marzo.

Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude: 

Este impreso pódese entregar cuberto na secretaría do colexio xunto coa documentación necesaria ou tramitalo de forma online a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

A documentación a presentar coa solicitude e máis información sobre o proceso de matrícula o podedes atopar na seguinte ligazón:

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Actualización do protocolo COVID-19

Arquivo PDF ESCOLAS_Protocolo_COVID19

Pódese consultar o documento en permanente revisión na ligazón

COVID-19: ADAPTACIÓN DAS MEDIDAS ANTE CASOS POSITIVOS NO ENTORNO ESCOLAR

Nadal 2021

Día do Xersei de Nadal

Banner Libros
Tenda online

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo EPEL

Subscríbete ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.