Home » Circulares e avisos
Category Archives: Circulares e avisos
ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR
Entre o 12 e o 29 de abril, as familias que desexen participar na enquisa sobre convivencia escolar poderán facelo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/625973?lang=gl, e co código de acceso que se enviará a cada familia. Cubrirase unha enquisa por cada unidade familiar independentemente do número de irmáns no centro.
Para calquera dúbida ou problema co código de acceso, podedes contactar con secretaría.
ADMISIÓN CURSO 2020/2021 PARA ALUMNADO NOVO
O vindeiro luns día 1 de marzo comeza o período de admisión para o novo alumnado. O prazo prolongarase ata o 22 de marzo xa que o día 20 non é lectivo.
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude: ANEXO II
Este impreso pódese entregar cuberto na secretaría do colexio xunto coa documentación necesaria ou tramitalo de forma online a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A documentación a presentar coa solicitude e máis información sobre o proceso de matrícula o podedes atopar na seguinte ligazón: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN
Información ás familias. CIRCULAR DE NADAL.
Para máis información prema no seguinte enlace: NADAL 2020
11ª Campaña Solidaria “CONTAMOS CONTIGO”
Este ano a campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas Parroquial é do 14 ao 21 de decembro. Recóllense á entrada de secretaría. Para máis información prema AQUÍ
RECOLLIDA DE MÁSCARAS
Estimadas familias, seguindo a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria, Educación Obrigatoria e Educación Epecial, informámoslles que, os alumnos que este curso foran beneficiarios da axuda de material, que son os admitidos automáticamente na axuda de máscaras, xa podedes pasar por secretaría a recollelas e deixar asinada a entrega das mesmas.
SOLICITUDE DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS
CIRCULAR INFORMATIVA DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude:
SOLICITUDE XUSTIFICANTE DESPRAZAMENTO
Como consecuencia das restricións de mobilidade acordadas no día de hoxe, se calquera alumno ou alumna necesita xustificante para desprazarse ao centro escolar, prégase que o soliciten no correo electrónico do colexio: cpr.jorgejuan@edu.xunta.es ou que se poñan en contacto cos titores/as.