Home » Articles posted by secretaria92 (Page 2)
Author Archives: secretaria92
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022
Nas seguintes ligazóns podedes descargar o listado de Libros de Texto e materiais de cada un dos cursos para o 2021-2022:
LIBROS E MATERIAIS – 4º INFANTIL 2021-2022
LIBROS E MATERIAIS – 5º INFANTIL 2021-2022
LIBROS E MATERIAIS – 6º INFANTIL 2021-2022
LIBROS E MATERIAIS – 1º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS E MATERIAIS – 2º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 3º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 4º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS- 5º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 6º PRIMARIA 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 1º ESO 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 2º ESO 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 3º ESO 2021-2022
LIBROS Y MATERIAIS – 4º ESO 2021- 2022
ABERTO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Para Infantil e Primaria: 20 xuño ao 30 xuño (ANEXO MATRÍCULA EI-EP)
Para Secundaria: Prazo Ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo (ANEXO MATRÍCULA E.S.O.)
- Recodamos ás familias dos alumnos de Educación Secundaria que a entrega de notas será o día 25 de xullo ás 11h.
INSTRUCIÓNS AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Comunicamos a todas as familias do CPR. Jorge Juan, que onte saiu a Orde 6 maio 2021, pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o cuso escolar 2021-2022.
FondoLibros – Anexos I e II
Para consultar a Orde 6 de maio 2021 prema AQUÍ
NOTA INFORMATIVA
Estimadas familias,
Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020, pola que se aproba o calendario escolar para este curso 2020/2021, a Xefatura Territorial ven de aprobar a nosa solicitude do día 18 DE MAIO como NON LECTIVO. Lembrade que o 17 de maio xa é festivo na nosa comunidade, Día das Letras Galegas, polo que non teremos clase desde o 15 de maio ata o 18 inclusives.
ESTUDO CONCILIACIÓN CONCELLO DE NARÓN
O Concello de Narón está levando a cabo un estudo para coñecer o impacto que a crise sociosanitaria xerada pola COVID19 na conciliación familiar.
No seguinte link encontraredes a Carta do Concello solicitando a colaboración das familias: Carta enquisa
Igualmente, aquí tedes a ligazón para cubrir a enquisa: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScwtX3gwHZrmrQgqiw2FSuh4gOQLRpXZMf5hdwGAeKHddAVGQ/viewform
Agradecemos a vosa colaboración.
ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR
Entre o 12 e o 29 de abril, as familias que desexen participar na enquisa sobre convivencia escolar poderán facelo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/625973?lang=gl, e co código de acceso que se enviará a cada familia. Cubrirase unha enquisa por cada unidade familiar independentemente do número de irmáns no centro.
Para calquera dúbida ou problema co código de acceso, podedes contactar con secretaría.
ADMISIÓN CURSO 2020/2021 PARA ALUMNADO NOVO
O vindeiro luns día 1 de marzo comeza o período de admisión para o novo alumnado. O prazo prolongarase ata o 22 de marzo xa que o día 20 non é lectivo.
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude: ANEXO II
Este impreso pódese entregar cuberto na secretaría do colexio xunto coa documentación necesaria ou tramitalo de forma online a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A documentación a presentar coa solicitude e máis información sobre o proceso de matrícula o podedes atopar na seguinte ligazón: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN
Debe estar conectado para enviar un comentario.