Home » Articles posted by secretaria92
Author Archives: secretaria92
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023
O vindeiro martes día 1 de marzo comeza o período de admisión para o novo alumnado. O prazo prolongarase ata o 21 de marzo.
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude:
Este impreso pódese entregar cuberto na secretaría do colexio xunto coa documentación necesaria ou tramitalo de forma online a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A documentación a presentar coa solicitude e máis información sobre o proceso de matrícula o podedes atopar na seguinte ligazón:
RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Recórdaselles que o vindeiro 18 de novembro ás 10.00h remata o prazo para a presentación de Candidaturas para renovación dos membros do Consello Escolar, tanto para representantes de alumnado como de pais, nais e titores.
RESOLUCIÓN 20 NOVEMBRO 2021-RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
INFORMACIÓN CALENDARIO RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
MODELO CANDIDATURA PAIS, NAIS E TITORES
HORARIO ENTRADAS E SAÍDAS -9 SETEMBRO-
Este é o horario de entrada e saída para o día 9 de setembro 2021 en Infantil e Primaria.
O horario de saída será o mesmo para o resto do curso. O primeiro día, as entradas dos distintos cursos estarán máis espaciadas, o horario definitivo das mesmas publicarase proximamente.
AXUDAS MATERIAL E COMEDOR ESCOLARES
Bo día.
Comunicarvos que dende o día 1, está aberto o prazo para solicitar as bonificacións de comedor escolar e as axudas para adquisición de material escolar.
O prazo permanecerá aberto durante todo o curso académico 2021-2022 para os dous procedimentos.
Pódese solicitar a través da sede electrónica do concello ou en rexistro xeral e servicio sociocomunitario.
Debe estar conectado para enviar un comentario.