Actualización do protocolo COVID-19
Arquivo PDF ESCOLAS_Protocolo_COVID19
Pódese consultar o documento en permanente revisión na ligazón
INFORMACIÓN FAMILIAS INICIO CURSO
Estimadas familias do CPR Jorge Juan Xuvia:
Cando faltan días para volver ás aulas queremos transmitirvos tranquilidade nestes momentos de incertidume.
Temos elaborado un Plan de Adaptación á Situación COVID 19, onde se recollen as adaptacións e cambios que trae esta situación que estamos a vivir. Seguindo sempre Instruccións da Consellería de Educación estamos a organizar as aulas, corredores e outras estancias do centro á situación actual, coas medidas hixiénico-sanitarias ditadas pola Administración para garantir a volta ás aulas o máis segura posible.
Aínda estamos pendentes de novas decisión da Administración e nuns días compartiremos con vós os aspectos máis salientables deste plan, pero adiantamos algunas medidas básicas:
- Todos os cursos serán grupos estables de convivencia e non se mesturarán alumnos e alumnas de distintos cursos.
- Uso obrigatorio de máscara para todo o alumnado (desde primaria), persoal docente e non docente (recomendable en educación infantil).
- Adaptacións dos horarios de entradas e saídas ao centro para evitar aglomeracións.
- Adaptación dos recreos, con determinación de espazos para os grupos estables.
- Dispensadores de xel hidroalcohólico en todas as entradas principais, aulas e espazos comúns, e papeleiras de pedal con tapa e panos desbotables.
- Reforzo da limpeza con tarefas de desinfección durante o período lectivo: aseos, pasamáns, corredores …
- Autoenquisa diaria de síntomas do COVID 19 (Anexo I)
- Nas aulas o alumnado terá asignada mesa e cadeira e espazo para o material, que NON poderá compartirse cos compañeiros e compañeiras. Distancia entre pupitres, rexistro de ventilación das aulas e cartelería e sinalización por todo o centro.
- As titorías realizaránse de maneira telemática ou por teléfono. En casos excepcionais en horario non lectivo nunha aula coas medidas de hixiene oportunas
- Haberá servizo de madrugadores e comedor (unha única quenda), con asignación de postos fixos. Estes servizos ofreceránse unicamente para conciliar polo que é necesario xustificar a necesidade de cada un deles. (Solicitar en Secretaría)
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS QUE A VOLTA ÁS AULAS SEXA SEGURA.
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES E/OU ENTREGA DE TRABALLOS EN SETEMBRO
O alumnado entrará polo portalón principal coa máscara posta e permanecerá con ela durante todo o tempo que permaneza no centro. Antes de entrar na aula asignada lavará as mans con xel hidroalcohólico.
O profesorado indicará ao alumnado a aula para facer o exame ou entregar o traballo proposto.
O alumnado que teña que esperar entre a realización de dous exames ou entrega de tarefas deberá abandonar o edificio.
Cada alumno e alumna traerá o seu propio material, NON está permitido o intercambio entre o alumnado.
Aconséllase puntualidade, para evitar aglomeracións.
RECORDATORIO DAS DATAS POR CURSOS E MATERIAS:
MARTES 1 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | E. FÍSICA | – | E. FÍSICA |
10.00 | – | FÍSICA E QUÍMICA | FÍSICA E QUÍMICA |
11.00 | MATEMÁTICAS | MATEMÁTICAS | MATEMÁTICAS |
PENDENTES CURSO ANTERIOR (ALUMNADO DE 2º ESO CON MATERIAS DE 1º E ALUMNADO DE 3º ESO CON MATERIAS PENDENTES DE 2º):
HORA | 1º ESO | 2º ESO |
12.00 | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA |
13.00 | – | CASTELÁ |
MÉRCORES 2 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA | XEOGRAFÍA E HISTORIA |
10.00 | INGLÉS | INGLÉS | INGLÉS |
11.00 | – | GALEGO | GALEGO |
12.00 | BIOLOXÍA |
PENDENTES CURSO ANTERIOR:
HORA | 1º ESO | 2º ESO |
12.00 | INGLÉS | INGLÉS |
13.00 | MATEMÁTICAS | FÍSICA E QUÍMICA |
XOVES 3 SETEMBRO:
HORA | 1º ESO | 2º ESO | 3º ESO |
9.00 | FRANCÉS | FRANCÉS | FRANCÉS |
10.00 | – | CASTELÁ | CASTELÁ |
11.00 | – | – | MÚSICA |
PENDENTES CURSO ANTERIOR (ALUMNADO DE 3º ESO CON MATERIAS DE 2º ESO):
HORA | 2º ESO |
12.00 | FRANCÉS |
13.00 | GALEGO |
- RECORDADE DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO DE PRÉSTAMO ANTES DO DÍA 4 DE SETEMBRO
PUBLICACIÓN DE NOTAS: VENRES 4 DE SETEMBRO (11.00H)
INFORMACIÓN SOBRE SOLICITUDE DE AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CONCERTADOS, DO CONCELLO DE NARÓN
Administración Local
Municipal
Narón
Extracto da Resolución de 9 de xullo de 2020 da Alcaldía do Concello de Narón pola que se convocan axudas de comedor
escolar para o curso 2020-2021
BDNS(Identif.):515986
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións,
publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/515986)
Primeiro.–Beneficiarios/as.
Poderán solicitar as axudas todas las familias empadroadas en Narón, con fillos/as matriculados/as en centros docentes
concertados sostidos con fondos públicos, que imparten os niveis de segundo ciclo de educación infantil, educación
primaria e/ou educación secundaria obrigatoria, situados no termo municipal de Narón, que vaian facer uso do servizo de
comedor.
Así mesmo poderán solicitalas aquelas familias empadroadas en Narón, con fillos/as escolarizados/as en centros docentes
concertados fóra do termo municipal por prescrición da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación,
sempre que nese centro escolar se veña desenvolvendo a actividade de comedor escolar de comidas.
A capacidade económica da unidade de convivencia non poderá superar o límite de ingresos anuais establecidos a
continuación, referidos ao IPREM anual vixente (incluídas as pagas extraordinarias), en función dos membros da unidade
de convivencia:
Número de membros da unidade de convivencia e Tope de ingresos
2 membros: tope de ingresos IPREM + 70%
3 membros: tope de ingresos IPREM + 90%
4 membros: tope de ingresos IPREM + 110%
5 membros: tope de ingresos IPREM + 130%
6 membros: tope de ingresos IPREM + 150%
7 membros: tope de ingresos IPREM + 170%
Segundo.–Obxecto.
A convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas económicas para comedor escolar,
ás familias dos/as alumnos/as escolarizados en centros docentes concertados sostidos con fondos públicos, de segundo
ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria situados no termo municipal de Narón, para o curso
escolar 2020-2021. A finalidade última das subvencións é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos
económicos, non poden afrontar o custo do servizo.
Terceiro.–Bases reguladoras.
A convocatoria rexerase polas bases reguladoras publicadas no BOP número 109, do 16 de xullo de 2020, dispoñibles
en https://bop.dicoruna.é/bopportal/publicado/2020/07/16/2020_0000004700.pdf.
Cuarto.–Contía.
Para a concesión destas axudas destinarase un importe máximo de 28.000 €, que se financiarán con cargo á aplicación
orzamentaria 3260-48002 do seguinte xeito:
Período setembro de 2020 a decembro de 2020: 11.200,00 €.
Período xaneiro de 2021 a xuño de 2021: 16.800,00 €.
Para determinar o importe máximo da axuda terase en conta o prezo que a Xunta de Galicia fixe por menú/día para
cada curso académico. En todo caso o custo máximo para o Concello, independentemente do custo do servizo, non poderá
superar os 4,5 € por neno/a diario. A contía subvencionable é do 100%, co límite máximo deste custo diario.
Quinto.–Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación do
presente extracto da convocatoria no BOP de A Coruña.
Narón
16/7/2020
Marián Ferreiro Díaz, alcaldesa-presidenta do Concello de Narón
Prema aquí para descargar o arquivo AXUDAS CONCELLO NARON[20040]
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
Xa están dispoñibles para a súa recollida os vales para adquirir material escolar e libros de texto.
Prégase chamen ao centro para concertar cita de entrega.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
Están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto.
Recórdaselles que tamén poden acceder a esta información na aplicación da xunta de fondo de libros.
Instrucciones de 28 de mayo de 2020 por la que se amplían y concretan determinados aspectos de las Instrucciones de 27 de abril de 2020 para el desarrollo del tercero trimestre del curso académico 2019/20
Ao obxecto de ampliar e de concretar determinados aspectos relativos a avaliación e criterios de promoción e de titulación, recollidos nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procede ditar as seguintes instrucións.
1. Obxecto e ámbito de aplicación
1.1. Estas instrucións teñen por obxecto ampliar e concretar determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, no relativo a criterios de avaliación, promoción e titulación para o presente curso 2019/20.
1.2 Son de aplicación en todos os centros educativos non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no contexto da aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19.
2. Probas finais e avaliación final
2.1 Os centros educativos non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado. Aqueles centros que tiveran previsto a realización de probas presenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para superar as materias pendentes ou con avaliación negativa, só poderán realizalas de modo non presencial, polo mesmo mecanismo co que cada centro se viñese comunicando co seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial. Se os docentes o consideran oportuno, as probas poderán ser substituídas pola realización de traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva do alumno ou alumna.
2.2 As probas extraordinarias do mes de setembro, realizaranse na modalidade presencial ou non presencial, en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.
2.3 Os centros educativos celebrarán conxuntamente a sesión da terceira avaliación parcial e a sesión da avaliación final, levantándose a correspondente acta. Valorarase o esforzo do alumno ou da alumna na realización das tarefas e actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes propostas, e o interese amosado no seguimento da actividade
educativa desenvolvida no período non presencial, tendo especial consideración ás dificultades de carácter tecnolóxico, social ou persoal que puideran ter concorrido en cada un dos alumnos e alumnas. En todo caso, a valoración das actividades realizadas na fase non presencial só poderá ter valor positivo para a cualificación final do alumno ou da alumna.
2.4 Polas circunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre
do curso 2019/2020, nos documentos de avaliación os centros educativos
rexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as
cualificacións da avaliación final. Non se rexistrarán cualificacións da terceira
avaliación. No caso das ensinanzas de formación profesional rexeranse pola
súa normativa específica.
3. Criterios de promoción en educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básica e en bacharelato
3.1 En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básica e en bacharelato, independentemente de que a adopción da decisión sobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapa con materias non
superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.
3.2 Os resultados da convocatoria extraordinaria non alterarán as decisións de promoción que se tiveran adoptado na avaliación final ordinaria, agás que sexan máis favorables para o alumno ou alumna. Para estes efectos, a situación de non presentado/a (NP) na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na avaliación ordinaria.
4. Criterios de titulación en bacharelato
Os centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do título de bacharelato sen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas, cando a xuízo do equipo docente, o alumno ou a alumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico. En todo caso, a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.
5. Informe individualizado
O informe individualizado recollido no punto 7.4 das Instrucións do 27 de abril será coordinado polo profesorado titor coas aportacións do profesorado do grupo. Facilitarase o modelo aos centros educativos.
Fonte: Eduxunta, prema aqui para descargar o arquivo pdf
Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial
Fonte: Eduxunta prema aquí para descargar
Dada a extensión do artigo e a inclusión de anexos é aconsellable descargar o arquivo pdf dende a fonte.
Debe estar conectado para enviar un comentario.