Home » Articles posted by jorgejuanxuvia
Author Archives: jorgejuanxuvia
Circular axuda libros
Estimados Pais, nais e titores:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , mediante a Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio), regula a participacción no fondo solidário de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2022-2023 .
A solicitude, segundo Anexo I de dita Orde, presentarase vía electrónica cos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou entregarase no Centro debidamente cumprimentada e xunto coa documentación requerida.
- Entre o 19 de maio e o 22 de xuño tanto para alumnado de Educación Primaria, como o de Educación Secundaria
As contías das axudas dependen da Renda per cápita familiar.
Documentación obrigatoria que hai que presentar:
- Anexo I
- Anexo II para comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (En caso de opoñerse, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos).
- Copia do libro de familia onde figuren os membros computables.
- En caso de separación u divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificación de grao de discapacidade, se fose o caso ou documentación xustificativa das distintas situacións particulares que poidan darse na unidade familiar.
ANTE CALQUERA DÚBIDA CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO.
Xuvia-Narón 18 de maio de 2022
A CONSELLERÍA ACTUALIZA O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID DOS CENTROS EDUCATIVOS
Resumo das adaptacións:
Na reunión informativa celebrada hoxe entre representantes da Secretaría Xeral Técnico e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coas principais organizacións sindicais, o Secretario Xeral Técnico presentou o novo documento que constiuirá o novo protocolo de adaptación ao contexto covid nos centros educativos ata final de curso, adaptándose á nova situación epidemiolóxica e ás recomendacións dos ministerios de Sanidade e Educación, cuxas principais novidades son as seguintes:
- O alumnado de diferentes grupos/aulas de todas as etapas educativas poden interaccionar entre sí en interiores e exteriores, agás no comedor escolar que seguirán organizándose en grupos de convivencia estable.
- Nos centros específicos de educación especial e nas aulas específicas de educación especial en centros ordinarios o alumnado seguirá organizándose en grupos de convivencia estable.
- Permítese o acceso das familias tanto a interiores como exteriores do centro educativo, así como, as reunións de titoría individual en espazos interiores.
- Uso da mascarilla conforme á lexislación vixente, é decir voluntaria en interiores e exteriores do centro educativo, agás no trasnporte escolar que é obrigatoria.
- Eliminación da obrigatoriedade de limpeza dúas veces ao día dalgúns espazos e superficies.
Será de aplicación dende o luns 23 de maio ata final de curso.
AXUDAS NEAE
Estimadas familias,
O pasado 19 DE MAIO DE 2022, empezou o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo e remata do 30 DE SETEMBRO DE 2022.(BOE mércores 18 maio 2022).
Tedes a información nos seguintes links:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Ante calquera dúbeda, preguntade na Secretaría.
Comunicado do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón
Estimados/as nais/pais
Dende o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, queremos convidarvos a participar no 3º Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria que se celebrará os días 19 e 20 de maio no Pazo da Cultura de Narón.
A Educación Viaria é unha parte da formación integral da persoa e non debemos confundila só coa adquisición de contidos relacionados unicamente coa identificación e recoñecemento de sinais (ensinarlles a conducir a nenos/os pequenos/as) priorizando sempre o afianzamento de valores, desenvolver hábitos cotiáns de mobilidade activa, autónoma, saudable, inclusiva e accesible, fomentando a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención de accidentes de tráfico. Débese entender, por tanto, como unha parte da formación integral do individuo, capacitándolle para adquirir comportamentos e actitudes adecuadas como usuarios das vías públicas xa sexa como peóns, pasaxeiros ou condutores.
Informarvos que a Educación Viaria na lei LOMLOE establece un enfoque novo con maiores contidos, que se empezase a impartir obrigatoriamente no curso 2022/2023 en todos os centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato onde os contidos estarán a cargo das comunidades autónomas e colexios, serán estas mesmas as encargadas de concretar, ampliar e dar forma aos contidos desta nova materia que impulsen e desenvolvan a materia dentro dos seus plans de estudos.
Polo que o Congreso é unha oportunidade para informarvos e despexar dúbidas sobre a nova materia que se impartirá o próximo curso.
Tedes dúas opcións para poder asistir ao congreso de modo presencial apuntándose na web do congreso ou virtual a través dunha plataforma de streaming, a ligazón estará dispoñible na páxina web do Congreso.
Achegámosvos a ligazón con toda a información do congreso e tamén onde vos podedes inscribir.
Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia
Estimadas familias,
A Consellería de Sanidade publicou as Directrices en canto ao uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022_0.pdf
Resumo uso da máscara:
OBRIGATORIO
* Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
* Persoal traballador do centro educativo.
* Alumnado do centro educativo.
* Centros de Educación Especial con servizo de residencia (Persoas traballadoras e visitas cando estean en zonas compartidas)
* Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.
Dada a voluntariedade da recomendación, estaría ben que os titores e titoras do alumnado fosen informad@s das decisións adoptadas polas familias do uso ou non da máscara no recinto escolar por parte dos seus fillos e fillas.
Moitas grazas