Estimados Pais, nais e titores:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , mediante a Orde do 29 de abril de 2026 (DOG 18 de maio), regula a participacción no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2026-2027 .
A solicitude, segundo Anexo I de dita Orde, presentarase vía electrónica cos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou entregarase no Centro debidamente cumprimentada e xunto coa documentación requerida.
Entre o 19 de maio e o 19 de xuño tanto para alumnado de Educación Primaria, como o de Educación Secundaria
As contías das axudas dependen da Renda per cápita familiar.
Documentación obrigatoria que hai que presentar:
Anexo I
Anexo II para comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (En caso de opoñerse, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos).
Copia do libro de familia onde figuren os membros computables.
En caso de separación u divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Certificación de grao de discapacidade, se fose o caso ou documentación xustificativa das distintas situacións particulares que poidan darse na unidade familiar.
Home » Circulares e avisos » Axuda libros e materiais curso 2026-2027







