Home » 2022 » Maio

Monthly Archives: Maio 2022

Presentación

Presentación

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Circular axuda libros

Estimados Pais, nais e titores:

         A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , mediante a Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18 de maio), regula a participacción no fondo  solidário de libros de texto e convoca axudas para a adquisición de libros de texto e material destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2022-2023 .

A solicitude, segundo Anexo I de dita Orde, presentarase vía electrónica cos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou entregarase  no Centro debidamente cumprimentada e xunto coa documentación requerida.

  • Entre o 19 de maio e o 22 de xuño tanto para alumnado de Educación Primaria, como o de Educación Secundaria

As contías das axudas dependen da Renda per cápita familiar.

Documentación obrigatoria que hai que presentar:

  • Anexo I
  • Anexo II para comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (En caso de opoñerse, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos).
  • Copia do libro de familia onde figuren os membros computables.
  • En caso de separación u divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificación de grao de discapacidade, se fose o caso ou documentación xustificativa das distintas situacións particulares que poidan darse na unidade familiar.

ANTE CALQUERA DÚBIDA CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO.

Xuvia-Narón 18 de maio de 2022

A CONSELLERÍA ACTUALIZA O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID DOS CENTROS EDUCATIVOS

Resumo das adaptacións:

Na reunión informativa celebrada hoxe entre representantes da Secretaría Xeral Técnico e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coas principais organizacións sindicais, o Secretario Xeral Técnico presentou o novo documento que constiuirá o novo protocolo de adaptación ao contexto covid nos centros educativos ata final de curso, adaptándose á nova situación epidemiolóxica e ás recomendacións dos ministerios de Sanidade e Educación, cuxas principais novidades son as seguintes:

  • O alumnado de diferentes grupos/aulas de todas as etapas educativas poden interaccionar entre sí en interiores e exteriores, agás no comedor escolar que seguirán organizándose en grupos de convivencia estable.
  • Nos centros específicos de educación especial e nas aulas específicas de educación especial en centros ordinarios o alumnado seguirá organizándose en grupos de convivencia estable.
  • Permítese o acceso das familias tanto a interiores como exteriores do centro educativo, así como, as reunións de titoría individual en espazos interiores.
  • Uso da mascarilla conforme á lexislación vixente, é decir voluntaria en interiores e exteriores do centro educativo, agás no trasnporte escolar que é obrigatoria.
  • Eliminación da obrigatoriedade de limpeza dúas veces ao día dalgúns espazos e superficies.

Será de aplicación dende o luns 23 de maio ata final de curso.

AXUDAS NEAE

Estimadas familias,

O pasado 19 DE MAIO DE 2022, empezou o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo e remata do 30 DE SETEMBRO DE 2022.(BOE mércores 18 maio 2022).

Tedes a información nos seguintes links:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Ante calquera dúbeda, preguntade na Secretaría.

Banner Libros
Tenda online

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo EPEL

Subscríbete ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.