Comunicado do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón
Estimados/as nais/pais
Dende o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, queremos convidarvos a participar no 3º Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria que se celebrará os días 19 e 20 de maio no Pazo da Cultura de Narón.
A Educación Viaria é unha parte da formación integral da persoa e non debemos confundila só coa adquisición de contidos relacionados unicamente coa identificación e recoñecemento de sinais (ensinarlles a conducir a nenos/os pequenos/as) priorizando sempre o afianzamento de valores, desenvolver hábitos cotiáns de mobilidade activa, autónoma, saudable, inclusiva e accesible, fomentando a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención de accidentes de tráfico. Débese entender, por tanto, como unha parte da formación integral do individuo, capacitándolle para adquirir comportamentos e actitudes adecuadas como usuarios das vías públicas xa sexa como peóns, pasaxeiros ou condutores.
Informarvos que a Educación Viaria na lei LOMLOE establece un enfoque novo con maiores contidos, que se empezase a impartir obrigatoriamente no curso 2022/2023 en todos os centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato onde os contidos estarán a cargo das comunidades autónomas e colexios, serán estas mesmas as encargadas de concretar, ampliar e dar forma aos contidos desta nova materia que impulsen e desenvolvan a materia dentro dos seus plans de estudos.
Polo que o Congreso é unha oportunidade para informarvos e despexar dúbidas sobre a nova materia que se impartirá o próximo curso.
Tedes dúas opcións para poder asistir ao congreso de modo presencial apuntándose na web do congreso ou virtual a través dunha plataforma de streaming, a ligazón estará dispoñible na páxina web do Congreso.
Achegámosvos a ligazón con toda a información do congreso e tamén onde vos podedes inscribir.
Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia
Estimadas familias,
A Consellería de Sanidade publicou as Directrices en canto ao uso da máscara no ámbito educativo na Comunidade.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022_0.pdf
Resumo uso da máscara:
OBRIGATORIO
* Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
* Persoal traballador do centro educativo.
* Alumnado do centro educativo.
* Centros de Educación Especial con servizo de residencia (Persoas traballadoras e visitas cando estean en zonas compartidas)
* Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.
Dada a voluntariedade da recomendación, estaría ben que os titores e titoras do alumnado fosen informad@s das decisións adoptadas polas familias do uso ou non da máscara no recinto escolar por parte dos seus fillos e fillas.
Moitas grazas