O vindeiro luns día 1 de marzo comeza o período de admisión para o novo alumnado. O prazo prolongarase ata o 22 de marzo xa que o día 20 non é lectivo.
Na seguinte ligazón podedes descargar o impreso de solicitude: ANEXO II
Este impreso pódese entregar cuberto na secretaría do colexio xunto coa documentación necesaria ou tramitalo de forma online a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
A documentación a presentar coa solicitude e máis información sobre o proceso de matrícula o podedes atopar na seguinte ligazón: DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN