NOVAS INICIO CURSO SECUNDARIA
A Xunta anunciou hoxe o adiamento do inicio de curso en Secundaria para os días 23, 24 e 25 de setembro.
Podedes ler a noticia oficial AQUÍ
Información sobre o Plan de Adaptación COVID-19 no CPR Jorge Juan-Xuvia
Compartimos un pequeno adianto do noso Plan de Adaptación:
Publicada listaxe definitiva fondo solidario de libros secundaria curso 2020/2021
Están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto de secundaria.
Recórdaselles que tamén poden acceder a esta información na aplicación da xunta de fondo de libros.
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
SERVIZOS DE MADRUGADORES E COMEDOR
Ante a situación sanitaria na que nos atopamos, vémonos na obriga de limitar o número de prazas de usuarios do servizo de madrugadores e de comedor escolar. De momento, os servizos manteranse nos casos en que sexa necesaria unha conciliación familiar; incompatibilidades acreditadas documentalmente dos horarios laborais dos proxenitores co horario de entrada (madrugadores) ou de saída (comedor) do alumnado .
Necesitamos saber a necesidade das familias, pois o espazo que temos é limitado.
Para aqueles alumnos e alumnas que teñan unha beca de comedor do Concello, pero que non necesiten conciliación, teñen a opción de levar a comida para a casa sen quedar no comedor. (Ofrecerán un menú distinto e empaquetado; o prezo será unicamente o prezo do menú).
As prazas de usuarios vense moi reducidas ao ter que manter as distancias reglamentarias (1,5m) entre comensais, sentados en oblicuo e sempre que non estean encarados. Na medida do posible o alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas, de xeito que manteña a continuidade do grupo de pertenza. Asignaranse postos fixos durante todo o ano para o alumnado e garantirase a estanqueidade. O alumnado de Infantil e Primaria que conforme grupos estables de convivencia poden comer agrupados sen respetar a distancia, pero separando os grupos por 1,5 metros un do outro.
O horario do comedor é de 14.00h a 15.15h. Será requisito indispensable recoller aos nenos e nenas no horario establecido.
Co fin de poder organizar tales servizos, pregamos ás familias que entreguen a solicitude aportando a certificación de incompatibilidade de horarios, así como os usuarios solicitantes de beca, especificando a súa condición de becado.
Prema na seguinte ligazón para descargar a solicitude: SOLICITUDE
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS QUE A VOLTA ÁS AULAS SEXA SEGURA.
INICIO CURSO 2020/2021: RESOLUCIÓN DO 1 DE SETEMBRO DE 2020 DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN
Punto único. Incorporación gradual do alumnado (resumo)
- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria; e educación especial.
- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
- O día 16 de setembro incorporarase o alumnado de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
- O día 17 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de educación secundaria obrigatoria.
- O día 18 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria.
Podedes atopar a información máis ampliada no seguinte ligazón AQUÍ
En breve informarémoslles das horas de entrada e saída escalonadas para eses primeiros días de curso.
Debe estar conectado para enviar un comentario.