Estimadas familias do CPR Jorge Juan Xuvia:
Cando faltan días para volver ás aulas queremos transmitirvos tranquilidade nestes momentos de incertidume.
Temos elaborado un Plan de Adaptación á Situación COVID 19, onde se recollen as adaptacións e cambios que trae esta situación que estamos a vivir. Seguindo sempre Instruccións da Consellería de Educación estamos a organizar as aulas, corredores e outras estancias do centro á situación actual, coas medidas hixiénico-sanitarias ditadas pola Administración para garantir a volta ás aulas o máis segura posible.
Aínda estamos pendentes de novas decisión da Administración e nuns días compartiremos con vós os aspectos máis salientables deste plan, pero adiantamos algunas medidas básicas:
- Todos os cursos serán grupos estables de convivencia e non se mesturarán alumnos e alumnas de distintos cursos.
- Uso obrigatorio de máscara para todo o alumnado (desde primaria), persoal docente e non docente (recomendable en educación infantil).
- Adaptacións dos horarios de entradas e saídas ao centro para evitar aglomeracións.
- Adaptación dos recreos, con determinación de espazos para os grupos estables.
- Dispensadores de xel hidroalcohólico en todas as entradas principais, aulas e espazos comúns, e papeleiras de pedal con tapa e panos desbotables.
- Reforzo da limpeza con tarefas de desinfección durante o período lectivo: aseos, pasamáns, corredores …
- Autoenquisa diaria de síntomas do COVID 19 (Anexo I)
- Nas aulas o alumnado terá asignada mesa e cadeira e espazo para o material, que NON poderá compartirse cos compañeiros e compañeiras. Distancia entre pupitres, rexistro de ventilación das aulas e cartelería e sinalización por todo o centro.
- As titorías realizaránse de maneira telemática ou por teléfono. En casos excepcionais en horario non lectivo nunha aula coas medidas de hixiene oportunas
- Haberá servizo de madrugadores e comedor (unha única quenda), con asignación de postos fixos. Estes servizos ofreceránse unicamente para conciliar polo que é necesario xustificar a necesidade de cada un deles. (Solicitar en Secretaría)
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS QUE A VOLTA ÁS AULAS SEXA SEGURA.