Estimadas familias,
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de maio de 2020 sae publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Destinatarios:
- – Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo).
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Presentación de Solicitudes:
-Preferiblemente vía electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros. Neste caso cubrirase 1 solicitude por cada fillo/a.
-Presencial na secretaría do centro. Neste caso cubrirase 1 solicitude para todos os irmáns que cursen no mesmo centro. Os impresos para as solicitudes estarán dispoñibles:
- a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
- b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
- c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
- d) No propio centro ou na páxina web colegiojorgejuanxuvia.com
Documentación complementaria:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Outros documentos:
- c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
Prazo para presentar as solicitudes:
Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2020. O horario do centro para recoller as solicitudes será de 10:00 a 13:00 h., PREVIA CITA, para evitar aglomeracións.
O equipo directivo
Solicitude Fondo de Libros, Axuda de libros e Axuda material escolar 2020.21