Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Directrices do BOE do venres 24 de abril de 2020
Orde EFP/365/2020, do 22 de abril, que establece o marco e as directrices de actuación para o tercer trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, perante a situación de crisis ocasionada polo COVID-19.
Directrices do BOE do venres 24 de abril de 2020, enlace de descarga aquí.
Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)
O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
Ata o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.
A situación sanitaria continúa obrigando ao mantemento do estado de alarma e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consciente da necesidade de xerar seguridade na comunidade educativa, traballa para que o dereito á educación, baseado nos principios de equidade e igualdade de oportunidades, siga vixente.
A Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.
Namentres, cada un desde as nosas responsabilidades, con lealdade e de forma coordinada, seguiremos traballando para saír xuntos desta pandemia, sen deixar a ninguén atrás.
En tanto non se publique a correspondente norma é oportuno adiantar como avance estas orientacións para os centros educativos para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020.
1. Principio fundamental
Todos os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar aos estudantes e ás súas familias, aos docentes e a todos os membros da comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar. En consecuencia, todas as decisións da Administración educativa estarán suxeitas ás recomendacións sanitarias e velarán pola adopción das medidas recomendadas polos responsables de dita área.
2. Continuidade do calendario escolar
Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender, de modo non presencial ou, de ser o caso, presencial, en función das recomendacións que diten as autoridades sanitarias. Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación excepcional que están a vivir.
As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo situación sanitaria, non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, excepción feita dalgúns procesos singulares, como a celebración das probas da ABAU ou as de acceso ás diferentes ensinanzas.
3. Adaptación da actividade
As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:
Prestarán especial atención a identificar ao alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado de ditos plans específicos á inspección educativa .
Farán un especial esforzo para identificar ao alumnado que carece de medios de conexión dixital e, en virtude da súa autonomía organizativa e de xestión, arbitrarán as medidas necesarias e facilitarán o uso de distintos tipos de dispositivos adecuados para a atención educativa a este alumnado.
Intensificarán a posta a disposición do alumnado dos recursos tecnolóxicos e doutro tipo que necesiten para o desenvolvemento das súas actividades, e desenvolverán formación e ferramentas adecuadas para permitir que o alumnado obteña o maior proveito da metodoloxía non presencial.
Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, os centros educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles, especialmente para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º de Bacharelato e 2º de FP de grado medio.
Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio da adaptación dos instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación deste alumnado. Porase, asemade, especial coidado na atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Os Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das actuacións, medidas e programas para a atención á diversidade establecidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade do seu centro, adaptandoas á situación de confinamento de alumnado e profesorado, e asesorando aos diferentes membros da comunidade educativa, preferentemente, para o coidado do seu benestar emocional.
4. Currículo e programacións didácticas
Os centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área, materia ou módulo, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.
Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñarán actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas, promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das distintas áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa posible.
Os currículos, programacións e actividades que se desenvolvan durante o terceiro trimestre nos cursos que conducen a unha titulación final de etapa terán especialmente en conta esta circunstancia e flexibilizaranse e adaptaranse para axudar en todo o posible a que o seu alumnado poida alcanzala.
Os centros educativos reforzarán a imprescindible coordinación do profesorado á hora de adaptar as programacións, as actividades e os criterios de avaliación, co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas, a falta de acompañamento docente ou a desigualdade do apoio aos estudantes que lles poden prestar a súas familias.
5. Avaliación
Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación do alumnado máis vulnerable.
A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.
Os centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo do traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.
6. Apoio aos centros educativos
Os centros contarán cos recursos formativos e medios de apoio que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a súa disposición para permitir que o profesorado desenvolva o seu labor docente nas mellores condicións posibles na situación actual.
Desde a Rede de Formación do Profesorado prestarase o apoio inmediato e continuo ao persoal docente, nas novas necesidades que poida xerar o proceso de ensinanza e aprendizaxe a distancia. Así mesmo poñerán a disposición dos centros educativos os seus recursos, en especial para favorecer a atención ao alumnado máis vulnerable.
Así mesmo, os Equipos de Orientación Específicos (EOE) establecerán canles de comunicación e tomarán a iniciativa cun contacto diario e permanente, para asesorar e apoiar aos departamentos de orientación, coa fin de favorecer a resposta educativa na atención á diversidade do alumnado e o seu benestar emocional .
A Inspección educativa prestará o apoio e asesoramento aos centros educativos no proceso de adaptación das súas programacións didácticas e en todo aquilo que, dentro das súas funcións, facilite a mellora da atención educativa ao alumnado.
COMUNICADO PARA FAMILIAS TERCEIRO TRIMESTRE 17 abril
Estimadas familias,
Esperamos que vos atopedes ben de sáude e de ánimo.
Acabamos o 2º trimestre e iniciamos o 3º nunhas circunstancias moi especiais e
somos conscientes das dificultades que parte do alumnado pode ter para poder
seguir esta aprendizaxe non presencial. Estamos a facer todo o posible para que
chegue a todas as nenas e nenos do noso centro dunha maneira ou doutra; por
iso todo o profesorado, e especialmente os titores e titoras están en continuo
contacto coas familias e alumnado, na procura de que acaden o maior proveito
da metodoloxía non presencial.
Compartimos con vós os Acordos do MEC coas CCAA sobre o desenvolvemento
do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.
En canto teñamos Instruccións concretas da Consellería de Educación y/ou de
Inspección Educativa, compartirémolas con todos/as vós tamén.
Seguimos aproveitando o terceiro trimestre para desenvolver as actividades de
recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes
anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado.
ACUERDOS TERCER TRIMESTRE COMUNICADO FAMILIAS TERCEIRO TRIMESTRE 17 abril
Calquera dúbida ou consulta, atenderémola no correo do colexio
cpr.jorgejuan@edu.xunta.es, e no teléfono 981383020.
Páxina web : www.colegiojorgejuanxuvia.com
Coa esperanza e o desexo de reencontrarnos pronto,
A Dirección.
Galicia lamenta a indefinición do Ministerio de Educación para establecer as condicións de promoción e titulación
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, instou hoxe ao Ministerio de Educación a definir os criterios de promoción e titulación, especialmente no caso de Educación Secundaria e Bacharelato. Para Galicia, faise preciso que o Goberno central, como órgano competente, estableza un marco normativo que garanta a igualdade de todo o alumnado á hora de pasar de curso e de titular, con independencia do territorio onde viva.
Así o puxo de manifesto na Conferencia Sectorial de Educación desenvolvida hoxe, na que a ministra do ramo, Isabel Celaá, presentou unha proposta de acordo para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-20 e o inicio do 2020-21. O documento sinala que as autoridades educativas poderán flexibilizar de maneira excepcional durante este curso os criterios de promoción e de titulación “sen ter en conta as limitacións que afecten ao número de materias pendentes”.
Para a conselleira, deixar aberto o número de materias suspensas coas que se pode promocionar ou titular resultaría caótico, non só polas desigualdades que pode provocar entre territorios, senón mesmo entre centros educativos segundo a súa tipoloxía. Pomar fixo un chamamento a consensuar uns criterios homoxéneos ou que o Ministerio, como órgano competente, publique unha norma no Boletín Oficial do Estado, do mesmo xeito que se fixeron cambios normativos no ámbito da FP e das probas ABAU. Porén, o Ministerio optou por deixar nas mans das Comunidades Autónomas e dos equipos docentes a promoción do seu alumnado cos datos obxectivos dos dous primeiros trimestres e o carácter diagnóstico do terceiro trimestre.
Carmen Pomar expresou o acordo xeral de Galicia coa filosofía do documento remitido polo Ministerio canto ao desenvolvemento do terceiro trimestre, segundo o cal os centros educativos deberán aproveitalo para recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado. Tamén se recomenda o deseño de actividades globalizadoras e interdisciplicares, debidamente titorizadas, e a promoción do traballo colaborativo.
Canto aos currículos, programacións e actividades que conducen a unha titulación final de etapa, o profesorado deberá ter especialmente en conta esta circunstancia e flexibilizaranse e adaptaranse para axudar todo o posible a que o seu alumnado poida alcanzala.
Por outra banda, na xuntanza, o Ministerio insistiu en que o sistema educativo español mantén o curso escolar, sexa de xeito presencial ou non presencial. Neste sentido, Pomar apelou a que sexa o Ministerio quen concrete, a partir dos datos que lle traslade o Ministerio de Sanidade, se é posible e recomendable unha volta gradual ás aulas, sempre dándolle prioridade aos alumnos de 2º de Bacharelato. Nesta liña, a conselleira insistiu na petición de Galicia de coñecer os datos epidemiolóxicos por territorios para que as Comunidades Autónomas poidan tomar decisións.
Para Pomar, se a situación sanitaria o permite e atendendo tamén a criterios de benestar emocional, non se debe descartar un peche de curso presencial que facilite a despedida de alumnado e docentes. A titular de Educación agradeceu o esforzo colectivo que están a facer alumnos, profesores e familias e resaltou a necesidade de que desde as administracións, tamén dun xeito conxunto, se ofrezan respostas e as maiores certezas posibles ás cuestións que lles preocupan ás comunidades educativas de todos os territorios.
Finalmente, desde Galicia agradeceuse o envío de tarxetas con conexión a Internet para o alumnado de Bacharelato, pero insistiuse na necesidade de que o Goberno central poña en marcha un “verdadeiro plan de dixitalización educativa para o vindeiro curso, co obxectivo de estar mellor preparados de cara ao futuro”.
Comunicado do 13 de abril de 2020
Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre.
Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo, unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:
1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.
2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.
Fonte: EDUXUNTA
DONACION DE PORTATILES PARA FAMILIAS EN PARO CON HIJOS A SU CARGO
¡75 portátiles para familias en paro!
La empresa Hartnet puso en marcha una iniciativa por la que donará 75 portátiles a personas en paro y con al menos un hijo a su cargo para que los chavales puedan seguir la formación en línea durante el confinamiento.
La idea es fabulosa. Y en los últimas horas ampliaron el plazo para solicitar la donación. «En estos momentos de crisis que estamos viviendo, queremos aportar nuestro granito de arena y echar una mano a las personas con hijos a su cargo que más lo necesitan», informan desde la empresa Hartnet Informática. Con la colaboración de Seur decidieron donar 75 portátiles HP Chromebook reacondicionados para educación en casa. Para solicitar uno de estos ordenadores es necesario cumplir unos requisitos. El principal, justificar el alta en el Inem y que un menor está al cargo del solicitante. La dirección de correo electrónico al que pueden dirigirse es info@hartnetinformatica.com. En un principio el plazo terminaba mañana pero «hemos decidido ampliarlo hasta el domingo 5 de abril para dar más margen de tiempo a los posibles beneficiarios», comentan desde esta solidaria compañía. Los equipos, totalmente funcionales y con un año de garantía, llegarán a los domicilios de manera gratuita. Si precisan más información pueden llamar al 981 17 48 53, que es el número de teléfono de la tienda ubicada en la calle Posse. Aunque está cerrada al público le atenderán igual vía telefónica.
Fuente: La Voz de Galicia
AVISO IMPORTANTE AVALIACION
Estimadas familias:
Seguindo as Instrucións do 27 de marzo, ditadas pola Consellería de Educación e enviadas pola Inspección Educativa, informamos que:
- Procederase a realizar a avaliación do segundo trimestre, conforme aos contidos curriculares traballados na aula con anterioridade á data de declaración do estado de alarma, polo que as tarefas e actividades realizadas con posterioridade á dita data NON SERÁN AVALIABLES.
- As familias disporán da información das cualificacións a partir do vindeiro venres 3 de abril a media tarde, por medio da aplicación ABALAR MÓBIL:
Descargar a aplicación en móbil ou tablet desde
Realizar o rexistro correspondente empregando o número de teléfono
- Por consulta directa, a partir do luns 6 de abril pola mañá, a través do correo do colexio: cpr.jorgejuan@edu.xunta.es ou do correo dos titores correspondentes.
Debe estar conectado para enviar un comentario.