Home » Uncategorised » Candidatura aos Premios ECOINNOVACIÓN ENDESA

Presentación

Presentación

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Candidatura aos Premios ECOINNOVACIÓN ENDESA

Estimadas familias,

O noso centro CPR. Jorge Juan  participa en varios Programas de Innovación educativa, dentro do Plan Proxecta da Consellería:

  • Proxecto Deportivo de Centro: centros activos e saudables
  • Aliméntate Ben
  • Proxecto Terra: transformación dos patios escolares

Todos os proxectos que se levan a cabo no centro están recollidos na PXA e nas Programacións didácticas. Foron aprobados en Claustro e no Consello Escolar ao comezo do curso escolar.

Tamén somos un centro PLAMBE e estamos no programa RADIO NA BIBLIO.

Como centro promotor de hábitos de vida saudable seguimos no programa CARDIOESCOLAS, que forma parte do Proxecto “100000 motivos de peso” en colaboración co Concello de Narón e o CFR de Ferrol.

Como centro activo e saudable recibimos un premio a nivel nacional, “Premio Objetivo Bienestar Junior” de Atresmedia en xuño 2018, e o Sello de Vida Saludable en junio 2019.

Neste curso tamén participamos no Programa Voz Natura co proxecto medioambiental titulado #SenplastiFICAR”,  e  presentamos a candidatura  aos Premios ECOINNOVACIÓN ENDESA, premios que recoñecen as actividades de educación ambiental destinadas a promover a cultura ecolóxica e a conservación do medio ambiente  nos centros educativos de toda España.

A nosa candidatura foi aceptada e encontrámonos na segunda fase, na que temos que presentar o proxecto coas actividades programadas e documentación relacionada con elas. Entre a documentación obrigatoria están as  autorizacións para poder usar fotografías ou imaxes onde aparecen as alumnas e alumnos realizando as distintas actividades do proxecto.

É necesario que os nenos e nenas que saen nas imaxes fotografíadas ou grabadas teñan autorización para que Endesa faga uso delas para estes Premios, polo que pregamos que devolvan as mesmas asinadas. Aínda que o CPR. Jorge Juan ten autorizacións de  case todo o alumnado  matriculado no centro para facer uso educativo das imaxes ou grabacións realizadas no centro escolar, ENDESA solicita una autorización expresa para estes premios.

As alumnas ou alumnos que non teñan esta última autorización non sairán en ningunha imaxe ou grabación que o centro presente como actividade aos premios.

 

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

Banner Libros
Tenda online

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo EPEL

Subscríbete ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.