Home » 2019
Yearly Archives: 2019
II Etapa do Camiño Inglés a Santiago de Compostela
Estimadas familias,
Continuando na líña da promoción da actividade física e hábitos saudables, que caracteriza ao noso colexio, durante todo o presente curso escolar o alumnado de secundaria realizará o Camiño Inglés a Santiago, dividido en oito etapas, unha cada mes. No percorrido terán a oportunidade de atoparse e compartir quilómetros con outros peregrinos de distintas idades, lugares, motivacións … Compartirán camiño tamén co alumnado do CPR. Loyola de Mugardos , cos profesores e profesoras que os acompañarán e, por suposto, con todos os membros da Comunidade Educativa que desexen participar.
A segunda etapa Xuvia-Pontedeume terá lugar o vindeiro 15 de novembro.
Aquí tedes as datas das distintas etapas:
1ª- Ferrol- Xuvia – 17 outubro
2ª- Xuvia- Pontedeume – 15 novembro
3ª- Pontedeume- Paderne- 5 de decembro
4ª- Paderne- Abegondo- 13 de xaneiro
5ª- Abegondo- Mesón do Vento (Bruma)- 6 de febreiro
6ª Bruma- Órdenes- 3 de marzo
7ª Órdenes- Sigüeiro- 30 de abril
8ª Sigüeiro – Santiago 19 de maio
No caso de que algún pai/nai/titor desexe participar nalgunha ou todas as etapas, é necesario anotarse con antelación para calcular as prazas do autobús para desplazarse aos puntos de partida e recollida de cada etapa.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
A SECRETARÍA DO CPR JORGE JUAN ESTARÁ PECHADA POR VACACIÓNS ATA O 22 DE AGOSTO
Para poñerse en comunicación co Centro, poderá facerse a través do correo electrónico: cpr.jorgejuan@edu.xunta.es
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Emisión desde o CPR Jorge Juan de Narón e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO, este ano co lema “Diálogo, Tolerancia e Paz”, proposto pola UNESCO.
http://escolasnasondas.com/a-emision-do-dmr2019-desde-naron-e-salceda-de-caselas/
Debe estar conectado para enviar un comentario.