A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , mediante a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio), ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2018-2019 en 1º, 2º, de educación Primaria e regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Secundaria, así como axudas de material escolar para alumnado de primaria e secundaria.
A solicitude, segundo Anexo I de dita Orde, presentarase vía electrónica cos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou entregarase no Centro debidamente cumprimentada e xunto coa documentación requerida.
- Entre o 22 de maio e o 22 de xuño tanto para alumnado de Educación Primaria como de E. Secundaria.
Para poder acollerse a estas convocatorias é obrigatorio ter devoltos, e en boas condicións, os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2017/2018 antes do 22 de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º de Primaria e o de Secundaria con materias pendentes. O alumnado da ESO que teña algunha materia pendente poderá quedar co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro.
As contías das axudas dependen da Renda per cápita familiar.
Prazos de Formalización de matrícula:
- 20 a 30 de xuño : Educación Infantil e Educación Primaria
- 25 de xuño a 10 de xullo: Educación Secundaria (prazo ordianrio)
Co fin de actualizar os datos do alumnado matriculado no centro, e que todas as familias poidan acceder á aplicación Abalarmóbil , pregamos que cumprimenten os impresos que se entregan con esta circular.
ANTE CALQUERA DÚBIDA CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO.
Xuvia-Narón 23 de maio 2018
Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio)