Home » Uncategorised » Encontro escolar de xogos tradicionais

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Encontro escolar de xogos tradicionais

O alumnado dos centros educativos públicos e concertados e centros de ensino non universitario de Galicia é o destinatario das actividades programadas na undécima edición do “Encontro escolar de xogos tradicionais”, organizado polo Padroado da Cultura de Narón e pola asociación Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional).

A cita terá lugar o sábado 27 de maio nas instalacións do colexio do Feal, en horario de 11.00 a 17.30. Carreiras de sacos, zancos, chapas, arrastraboias, corda, ra, brilé, peón, pano, tres pés e carrilanas forman parte da trintena de xogos cos que poderán gozar os asistentes á convocatoria.

Ás 14.00 horas haberá un descanso para xantar (é necesario traelo da casa) e, xa pola tarde, a partir das 15.30 horas, terá lugar o espectáculo teatral (para público familiar e infantil), Paporrubio, a cargo da compañía que leva o mesmo nome. A continuación darán comezo as exhibicións de billarda, loita galega, cocha, chaves, lanzamento de goxo e birlos celtas e tamén os obradoiros de construción de enredos, nos que as nenas e nenos terán a oportunidade de elaborar os seus propios xoguetes, axudados por monitores.

Todos os alumnos/as que desexen participar poderán inscribirse a través do centro educativo, na secretaría, ata o vindeiro 11 de maio.

O alumnado de infantil terá que ir acompañado obrigatoriamente dun familiar adulto.

Ás 17.30 horas está previsto o remate do Encontro, coa entrega duns agasallos aos participantes.

Banner libros

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo Atrevete
Logo EPEL

Subscríbete ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.