Estimados pais, nais e titores,
Neste curso 2016/2017 o alumnado de 5º e 6º de Primaria participa no Programa Atrévete, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende e vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado, as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.
O traballo que facemos na aula verase reforzado por unha visita ao CIFP Ferrolterra na mañá do vindeiro 16 de marzo.
Toda a actividade é gratuíta excepto o desprazamento dende o colexio ao centro Ferrolterra , situado no barrio do Pilar en Ferrol, polo que é necesario aportar 2 Euros por alumno/a.
Aínda que os pais/titores do alumnado teñen que autorizar a saída do alumnado do centro, é recomendable a asistencia de todos os alumnos/as para poder levar a cabo todas as actividades do programa.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!