Home » Articles posted by lnogueira

Author Archives: lnogueira

Presentación

Presentación

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Anexo III-1. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN EDUCACIÓN INFANTIL OU EDUCACIÓN PRIMARIA

Impreso formalización matrícula Infantil ou Ed.Primaria

Anexo III-2. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Impreso formalización matrícula ESO

Libros e material ESO. Curso 2020/21

LIBROS Y MATERIAL – 1º ESO 2020- 2021

LIBROS Y MATERIAL – 2º ESO 2020-2021

LIBROS Y MATERIAL – 3º ESO 2020-2021

LIBROS Y MATERIAL – 4º ESO 2020-2021

Libros e material Ed. Primaria. Curso 2020/21

LIBROS Y MATERIAL- 1º PRIMARIA 2020-2021

Libros e material 2º Ed. Primaria

Libros e material 3º Ed. Primaria

Libros e material 4º Ed. Primaria

Libros e material 5º Ed. Primaria

Libros e material 6º Ed. Primaria

Libros e material Ed. Infantil. Curso 2020/21

Libros e material 4º Ed. Infantil

Libros e material 5º Ed. Infantil

Libros e material 6º Ed. Infantil

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias,

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19 de maio de 2020 sae publicada a Orde do 12 de maio de 2020  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Destinatarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo).
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 Presentación de Solicitudes:

-Preferiblemente vía electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros. Neste caso cubrirase 1 solicitude por cada fillo/a.

-Presencial na secretaría do centro. Neste caso cubrirase 1 solicitude para todos os irmáns que cursen no mesmo centro. Os impresos para as solicitudes estarán dispoñibles:

  1. a) No portal educativo, no enderezo http://www.edu.xunta.gal
  2. b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.
  3. c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
  4. d) No propio centro ou na páxina web colegiojorgejuanxuvia.com

Documentación complementaria:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  1. a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  2. b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Outros documentos:

  1. c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  2. d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  3. e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  4. f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  5. g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Prazo para presentar as solicitudes:

Do 19 de maio  ao  19 de xuño de 2020.  O horario do centro para recoller as solicitudes será de 10:00 a 13:00 h., PREVIA CITA, para evitar aglomeracións.

O equipo directivo

Solicitude Fondo de Libros, Axuda de libros e Axuda material escolar 2020.21

 

INSTRUCCIÓNS XUNTA DE GALICIA RELATIVAS AO CORONAVIRUS

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47969/feijoo-avanza-puesta-marcha-nuevas-actuaciones-centradas-prevencion-para-contener

Candidatura aos Premios ECOINNOVACIÓN ENDESA

Estimadas familias,

O noso centro CPR. Jorge Juan  participa en varios Programas de Innovación educativa, dentro do Plan Proxecta da Consellería:

  • Proxecto Deportivo de Centro: centros activos e saudables
  • Aliméntate Ben
  • Proxecto Terra: transformación dos patios escolares

Todos os proxectos que se levan a cabo no centro están recollidos na PXA e nas Programacións didácticas. Foron aprobados en Claustro e no Consello Escolar ao comezo do curso escolar.

Tamén somos un centro PLAMBE e estamos no programa RADIO NA BIBLIO.

Como centro promotor de hábitos de vida saudable seguimos no programa CARDIOESCOLAS, que forma parte do Proxecto “100000 motivos de peso” en colaboración co Concello de Narón e o CFR de Ferrol.

Como centro activo e saudable recibimos un premio a nivel nacional, “Premio Objetivo Bienestar Junior” de Atresmedia en xuño 2018, e o Sello de Vida Saludable en junio 2019.

Neste curso tamén participamos no Programa Voz Natura co proxecto medioambiental titulado #SenplastiFICAR”,  e  presentamos a candidatura  aos Premios ECOINNOVACIÓN ENDESA, premios que recoñecen as actividades de educación ambiental destinadas a promover a cultura ecolóxica e a conservación do medio ambiente  nos centros educativos de toda España.

A nosa candidatura foi aceptada e encontrámonos na segunda fase, na que temos que presentar o proxecto coas actividades programadas e documentación relacionada con elas. Entre a documentación obrigatoria están as  autorizacións para poder usar fotografías ou imaxes onde aparecen as alumnas e alumnos realizando as distintas actividades do proxecto.

É necesario que os nenos e nenas que saen nas imaxes fotografíadas ou grabadas teñan autorización para que Endesa faga uso delas para estes Premios, polo que pregamos que devolvan as mesmas asinadas. Aínda que o CPR. Jorge Juan ten autorizacións de  case todo o alumnado  matriculado no centro para facer uso educativo das imaxes ou grabacións realizadas no centro escolar, ENDESA solicita una autorización expresa para estes premios.

As alumnas ou alumnos que non teñan esta última autorización non sairán en ningunha imaxe ou grabación que o centro presente como actividade aos premios.

 

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

VI Etapa Camiño Inglés a Santiago de Compostela

A VI Etapa O Outeiro (Ordes)- Sionlla de Abaixo terá lugar o vindeiro 3 de Marzo.

 A saída do autobús será ás 8:45 horas, prégase puntualidade.

 A recollida en Sionlla de Abaixo será aproximadamente sobre as 16:45 horas e a volta ao centro terá lugar sobre as 17:40 horas, os alumnos/as deberán levar a súa comida.

No caso de que algún pai/nai/titor/a desexe participar nalgunha ou todas as etapas, é necesario anotarse con antelación para calcular as prazas do autobús para desprazarse aos puntos de partida e recollida de cada etapa.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

CPR Jorge Juan

Banner Libros
Tenda online

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo EPEL

Subscríbete ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.