Home » Uncategorised » V Etapa Camiño Inglés a Santiago de Compostela

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

V Etapa Camiño Inglés a Santiago de Compostela

Estimadas familias,

Continuando na liña da promoción da actividade física e hábitos saudables, que caracteriza ao noso colexio, durante todo o presente curso escolar o alumnado de secundaria realizará o Camiño Inglés a Santiago, dividido en sete etapas, unha cada mes.  No percorrido terán a oportunidade de atoparse e compartir quilómetros con outros peregrinos de distintas idades, lugares, motivacións … Compartirán camiño tamén co alumnado do CPR. Loyola de Mugardos , cos profesores e profesoras que os acompañarán e, por suposto, con todos os membros da Comunidade Educativa que desexen participar.

A V Etapa  Presedo (Abegondo)- O Outeiro (Ordes) terá lugar o vindeiro 4 de Febreiro.

 A saída do autobús será ás 8:45 horas, prégase puntualidade.

 A recollida en Ordes será aproximadamente sobre as 16:30 horas e a volta ao centro terá lugar sobre as 17:30 horas, os alumnos/as deberán levar a súa comida.

No caso de que algún pai/nai/titor/a desexe participar nalgunha ou todas as etapas, é necesario anotarse con antelación para calcular as prazas do autobús para desprazarse aos puntos de partida e recollida de cada etapa.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

Prezo alumno/a: 7€ (desprazamentos Xuvia-Abegondo e Ordes-Xuvia)

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo Atrevete
Logo EPEL

Subscríbeche ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirche a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.