Home » Uncategorised » II Etapa do Camiño Inglés a Santiago de Compostela

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

II Etapa do Camiño Inglés a Santiago de Compostela

Estimadas familias,

Continuando na líña da promoción da actividade física e hábitos saudables, que caracteriza ao noso colexio, durante todo o presente curso escolar o alumnado de secundaria realizará o Camiño Inglés a Santiago,  dividido en oito etapas, unha cada mes.  No percorrido terán a oportunidade de atoparse e compartir quilómetros con outros peregrinos de distintas idades, lugares, motivacións … Compartirán camiño tamén co alumnado do CPR. Loyola de Mugardos , cos profesores e profesoras que os acompañarán e, por suposto, con todos os membros da Comunidade Educativa que desexen participar.

 

A segunda etapa Xuvia-Pontedeume terá lugar o vindeiro 15 de novembro.

 

Aquí tedes as datas das distintas etapas:

1ª- Ferrol- Xuvia – 17 outubro

2ª- Xuvia- Pontedeume – 15 novembro

3ª- Pontedeume- Paderne- 5 de decembro

4ª- Paderne- Abegondo- 13 de xaneiro

5ª- Abegondo- Mesón do Vento (Bruma)- 6 de febreiro

6ª Bruma- Órdenes- 3 de marzo

7ª Órdenes- Sigüeiro- 30 de abril

8ª Sigüeiro – Santiago 19 de maio

 

No caso de que algún pai/nai/titor desexe participar nalgunha ou todas as etapas, é necesario anotarse con antelación para calcular as prazas do autobús para desplazarse aos puntos de partida e recollida de cada etapa.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo Atrevete
Logo EPEL

Subscríbeche ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirche a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.