Home » Uncategorised » ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR,  NOVEMBRO 2018

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 8 de outubro) realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

– O Director ou directora do Centro.

– Un profesor ou profesora.

– Un alumno/a a partir de 1º ciclo de Secundaria.

– Un pai ou nai ou titor legal.

– Un representante do persoal de administración e servizos

 

Os compoñentes desta Xunta electoral serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o  Martes 6 de novembro ás 10:30 horas na biblioteca do centro.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Narón a 5 de novembro de 2018

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo Atrevete
Logo EPEL

Subscríbeche ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirche a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.