Home » Uncategorised » Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE para o curso 2018/19

Colaboracións

Logo Biblioteca
Escudo comedor

Histórico

Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE para o curso 2018/19

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria , mediante a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio), ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado no curso escolar 2018-2019  en 1º, 2º, de educación Primaria e  regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Secundaria, así como axudas de material escolar para alumnado de primaria e secundaria.

A solicitude, segundo Anexo I de dita Orde, presentarase vía electrónica cos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou entregarase  no Centro debidamente cumprimentada e xunto coa documentación requerida.

 

  • Entre o 22 de maio e o 22 de xuño tanto para alumnado de Educación Primaria como de E. Secundaria.

 

Para poder acollerse a estas convocatorias é obrigatorio ter devoltos, e en boas condicións, os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2017/2018 antes do 22 de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º de Primaria e o de Secundaria con materias pendentes. O  alumnado da ESO que teña algunha materia pendente poderá quedar co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro.

As contías das axudas dependen da Renda per cápita familiar.

 

Prazos de Formalización de  matrícula:

  • 20 a 30 de xuño : Educación Infantil e Educación Primaria
  • 25 de xuño  a 10 de xullo: Educación Secundaria (prazo ordianrio)

 

Co fin de actualizar os datos do alumnado matriculado no centro, e que todas as familias poidan  acceder á aplicación Abalarmóbil , pregamos que cumprimenten os impresos que se entregan con esta circular.

 

ANTE CALQUERA DÚBIDA CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO.

Xuvia-Narón 23 de maio 2018

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio)

SOLICITUDE FONDO DE LIBROS 2018.19

Matricula_infantil_primaria

Matricula eso


Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Proxectos do centro

Voz Natura
Logo Plan proxecta
Logo Atrevete
Logo EPEL

Subscríbeche ao blogue por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirche a este blogue e recibir notificacións de novas entradas.